Telefónica, Gradiant e o INCIBE mellorarán a ciberseguridade das empresas
luns, 2 de novembro do 2020
Telefónica,
o Centro Tecnolóxico galego Gradiant e o Instituto Nacional de
Ciberseguridade de España (INCIBE) veñen de prolongar a súa
alianza co obxectivo de facilitar a transferencia de coñecemento en
ciberseguridade ás empresas galegas e, tamén, promover a retención
de talento especializado en protección tecnolóxica. Ao mesmo tempo,
fomentarán a concienciación sobre a necesidade da seguridade
dixital na sociedade galega.
AsÃ
o recolle o acordo que o tres institucións subscribiron a semana
pasada e que se vai desenvolver a través de TEGRA, o centro de
ciberseguridade que ElevenPaths, a compañÃa security de
Telefónica, e Gradiant crearon en 2018 (xurdido no marco da unidade
mixta de investigación IRMAS) para desenvolver produtos e servizos
que permiten mellorar a seguridade da información das empresas.
O
convenio que fixa os obxectivos das tres institucións foi asinado
polo director executivo de ElevenPaths, Pedro Pablo Pérez GarcÃa, o
director xeral de Gradiant, Luis Pérez Freire, e a directora xeral
de INCIBE, Rosa DÃaz Moles. Entre as actividades que se
desenvolverán inclúense a elaboración dun informe bienal de
investigación co obxectivo de transferir coñecemento ao tecido
empresarial, a realización de xornadas STEM para fomentar as
vocacións para os estudos de ciencias, especialmente orientada ás
nenas en Galicia, ou a realización de xornadas para favorecer o
emprendemento en ciberseguridade.
A
unidade mixta de investigación en protección de tecnoloxÃas,
comunicación e información, IRMAS 2.0, que dará continuidade ao
traballo iniciado por TEGRA, conta co apoio da Axencia Galega de
Innovación (GAIN) e está co-financiada polo Programa Operativo
FEDER 2014-2020 da Unión Europea, cuxo obxectivo é promover o
desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e a investigación de
calidade.