Telefónica dará servizos de acceso indirecto por fibra óptica

martes, 1 de abril do 2008 Marcus Fernández

Telefónica presentou o servizo maiorista chamado MIBA para conexións de fibra óptica ata o fogar, que permitirá ó cliente elixir entre un amplo abano de velocidades que chegan ata 30 Mbps de descarga (con 3 Mbps de subida) aínda que tamén permite contratar conexións simétricas de 3 Mbps.
O servizo MIBA permitirá o acceso indirecto aos novos accesos FTTH-GPON e supón importantes melloras con respecto ás conexións ADSL-IP tradicionais. Destaca pola súa flexiblidade de contratación, non precisa dunha liña telefónica previa e mesmo por permitir servizos con alta calidade de servizo orientados á VoIP.

PUBLICIDADE