Televés certifica a calidade dos seus procesos de desenvolvemento de software
xoves, 28 de xaneiro do 2010
A calidade do software ten cada dÃa unha maior importancia nas organizacións,
pola súa influencia na eficiencia operativa, na calidade do produto e, en
definitiva, na capacidade para competir nos contextos globalizados. Como froito
dun proceso de mellora iniciado en 2006, Televés vén
de acadar o nivel 2 de cumprimento do estándar internacional ISO/IEC-15504, que certifica a
calidade dos seus procesos de desenvolvemento e enxeñarÃa de software. Esta norma é coñecida tamén como SPICE: Software Process
Improvement and Capability
dEtermination, e garante a calidade do software
desenvolvido, permitindo a avaliación e mellora continua dos procesos.
A implantación deste estándar certifica a decidida aposta de Televés polas mellores prácticas en desenvolvemento da
tecnoloxÃa de software a nivel mundial e ratifica o compromiso da compañÃa coa
calidade.
Asemade, en Televés cabe destacar oo desenvolvemento de aplicacións como CAST60,
un software de referencia para a elaboración de estudos predictivos sobre o
comportamento do sinal de radiotelevisión en instalacións de distribución; a
aplicación para a configuración remota de cabeceiras CDC, ou o CoaxManager, sofware para a configuración do sistema CoaxData, para a
transmisión de datos por banda ancha a través do cable coaxial ou eléctrico.