Tesla trae a súa Powerwall a España
martes, 9 de maio do 2023
Tesla leva
bastantes anos ofrecendo
baterías para o fogar, e finalmente é posible adquirir en España unha Powerwall, batería pensada
para acumular enerxía e así poder, por exemplo, aproveitar de noite a enerxía
captada por paneis solares durante o día, resultando tamén de grande utilidade
ante cortes de subministro.
Este tipo de batería poden programarse, de xeito que incluso podemos configurar
a Powerwall para aforrar na factura eléctrica, cargando cando a corrente estea
máis barata e empregando a batería nos horarios con tarifas máis elevadas.
A Powerwall pode instalarse en interiores e exteriores (ten resistencia IP67),
e colocarse tanto contra unha parede como no chan, sendo posible combinar até
10 unidades, adaptándose así ás necesidades de distintos fogares. Cada Powerwall
ten unha capacidade de 13,5 kWh, unha potencia de até 7 kW, unhas medidas de
1150 x 753 x 147 milímetros e un peso de 114 quilogramos.