TextMate 2 para OS X adopta a licenza GPL 3
venres, 10 de agosto do 2012
O editor de texto para Mac OS X TextMate, ata o momento á venda por 45,63
euros e dispoñible en versión de proba, atendendo ás limitacións para os
desenvolvedores que Apple incorporou co lanzamento de Mountain Lion transformouse
nunha aplicación de código aberto para que os seus cada vez máis usuarios
poidan empregala, estando xa dispoñible o código fonte de TextMate 2 en
GitHub.
O autor da aplicación, Allan Odgaard, optou publicar o seu editor de texto
baixo a licenza GPL 3, garantindo asà que non aparezan versións da mesma baixo
código pechado (aÃnda que no caso de que alguén desexe aproveitar parte do
código nunha aplicación de pagamento é posible chegar a un entendemento con Odgaard).
Temos aquà un claro exemplo de que a adopción do código aberto non é unha
cuestión de gratuidade senón de liberdade, que nesta ocasión chega como resposta
a unha serie de restricións para os programadores que Apple incorporou ao seu
sistema operativo para incrementar a súa seguridade e facilitar o seu manexo
por parte de usuarios finais, o provoca que algunhas aplicacións perdan moitas
das súas funcionalidades ao adaptarse a Mountain Lion.
