The Phone House oferta portátiles a 199 euros

luns, 3 de decembro do 2007 Marcus Fernández

Unha das cadeas de venda de telefonía móbil de España, The Phone, House, lanza unha oferta sen precedentes en España, pois dende o 1 de decembro e ata o 7 de xaneiro vende portátiles Acer 4220 e 5520 a 199 e 399 euros respectivamente para usuarios que contraten telefonía móbil e acceso á Internet fixo (ADSL) coa operadora Orange (cun compromiso de permanencia de 24 meses). Os prezos indicados incluirían un modem USB, mentres que os usuarios que prefiran contar cun router Wi-Fi deberán pagar 70 euros máis.
O portátil Acer 4220 conta cun procesador Intel Celeron Mobile 540 a 1,86 GHz, 512 Mb de RAM, 80 Gb de disco duro, pantalla de 14,1 polgadas, Wi-Fi, gravadora de DVD e o sistema operativo Windows Vista Home Basic, mentres que o Acer 5520 ten un procesador AMD Mobile Turion64 x2 TL58 a 1,9 GHz, con 2048 Mb de RAM, 160 Gb de disco duro, pantalla de 15,1 polgadas, Wi-Fi, gravadora de DVD e o sistema operativo Windows Vista Home Premium.

PUBLICIDADE