Todo o que precisamos saber da nube, nunha nova xornada da Cámara de Santiago
mércores, 30 de marzo do 2022
Este
5 de abril, en horario de mañá (de 10.00 a 11.00 horas), a Cámara
de Santiago vai organizar unha nova actividade de transformación
tecnolóxica centrada nos servizos que máis poden axudar ás
empresas e ás persoas autónomas a ser máis rendíbeis,
competitivas, eficientes e eficaces. A sesión
A nube unha realidade, enmarcada
das actividades da Oficina Acelera Peme da entidade cameral (en
colaboración con Red.es), busca quitarlle ferro aos procesos de
dixitalización, poñendo o foco no ámbito cloud.
Así
o explica a Cámara de Santiago: “É frecuente que as
empresas se pregunten se a nube é a solución apropiada, que
vantaxes lles achega fronte á infraestrutura en local. Nesta charla
darase resposta a como xestionar os riscos tecnolóxicos e a
transformación dixital cara a un modelo de nube próxima,
comprensible, transparente e alcanzable para calquera organización
independentemente do seu tamaño”.
A
persoa encargada de impartir os contidos será Rafa Villaverde,
director executivo (CEO) de Cloud.gal e Infonet.es. Graduado en
Administración e Dirección de Empresas, profesional certificado en
datos privados polo ISMS Forum e titulado como experto en Dereito
Informático e Pericias Xudiciais, exerce a súa carreira profesional
como empresario e administrador no sector TIC desde o ano 2001
As
Oficinas Acelera Peme (OAP) inclúense no Programa Operativo
Plurirregional de España FEDER 2014-2020 (POPE), co-financiado polo
Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e pola Entidade
Pública Empresarial Red.es