Toshiba perderá máis de 4.000 millóns e despedirá 6.000 traballadores
martes, 22 de decembro do 2015
Non todas as firmas do
ámbito tecnolóxico contan cos mellores agoiros para o inicio de
2016. Entre as que van comezar ano e peor situación atópase sen
dúbida a histórica compañÃa xaponesa Toshiba, en tempos un
referente en materia de computadores e equipamento e hoxe en dÃa
unha firma na picota por mor dunha xestión trabucada (inflado de
cifras contábeis previo a impostos e intereses, entre outras
irregularidades) que se remonta a 2008 ou mesmo a tempo antes. Unha
vez máis, os principais prexudicados serán os que menos
responsabilidade teñen na desfeita: os traballadores. Segundo
estimacións recentes, Toshiba perderá máis de 4.000 millóns de
dólares e recortará uns 6.000 empregos. Ademais, en todo 2015
perdeu
case o 60% do seu valor en bolsa.
A compañÃa, como
lembraremos, foi fundada oficialmente co comezo da Segunda Guerra
Mundial, en 1939, aÃnda que a súa andaina xa vén de antes. De
feito, as súas orixes reais están no século XIX coa fabricación
de equipamentos e infraestruturas ligadas a unhas tecnoloxÃas
daquela punteiras: o telégrafo e as lámpadas incandescentes. Ao
longo da súa historia, xa no século XX, Toshiba achegou algúns dos
enxeños máis referenciais da revolución tecnolóxica recente, como
por exemplo os primeiros transmisores de televisión ou o computador
persoal portátil Dynabook. De feito atribúeselle ter sido pioneira
na comercialización dun computador portátil e dun soporte de
información que darÃa moito que falar: o DVD.
Como dixemos, malia que o
comezo da caÃda de Toshiba semella un feito recente, en realidade
remóntase aos comezos de 2008, que é cando semella que se comezaron
a cometer irregularidades importantes no balance de compañÃa, cousa
que se manifestou nunha manipulación sistemática das cifras. En
termos concretos, calcúlase que durante os últimos sete anos os
directivos da compañÃa incharon os beneficios en máis de 1.100
millóns de euros. Trátase do meirande fraude contábel da historia
de Xapón.
A multinacional estima
que o seu exercicio fiscal 2015/16, que conclúe o vindeiro 31 de
marzo, pechará con perdas de 4.169 millóns de euros, segundo
informou a propia multinacional, que ademais confirmou que suprimirá
6.800 empregos.