Trisquel GNU/Linux chega á versión 2.2

martes, 11 de agosto do 2009 Marcus Fernández

Trisquel, o sistema operativo totalmente libre baseado en GNU/Linux, para usuarios domésticos, pequenas empresas e centros educativos, chega á súa versión 2.2 alcumada Robur que será a derradeira actualización de mantemento da rama 2.x LTS que terá soporte ata 2013.
As 6 imaxes ISO publicadas corresponden ás versión de 32 e 64 bits das tres edicións do sistema operativo, e inclúen máis de 200 actualizacións de paquetes, un novo tema GTK máis limpo e 4 novos idiomas instalados (galego, español, catalán, chinés, francés, hindi, inglés, portugués e éuscaro) para achegarse ao que será o Trisquel 3.0, versión que publicarase en breve.
A páxina de descargas de Trisquel tamén está a remodelarse, para facer un mellor uso do novo mirror nos EE.UU. que achega a Free Software Foundation, organización que tamén axuda coa documentación, para facer posible a migración dos seus servidores a esta versión de Trisquel.