Trisquel inclúe Sugar no seu último proxecto
mércores, 30 de setembro do 2009
Dende Trisquel están
a desenvolver unha nova
iniciativa consistente nunha imaxe de CD/USB live e instalable que funcione coa última versión da plataforma
para educación Sugar (popularizada en grande medida por estar presente no
proxecto OLPC). Este novo proxecto mellorará o sistema Trisquel Edu, fornecendo
un magnÃfico contorno educativo para estudantes de primaria.
Cómpre destacar que o proxecto fai uso das últimas versións dispoñibles de
Sugar e Trisquel, os datos de usuario persisten nas sesións Live USB (inclúe un
creador gráfico de pendrives), pode arrincar en 30 idiomas seleccionables,
soporta clientes lixeiros LTSP e conta con artwork
co estilo Sugar.
