Tucows Downloads di adeus
venres, 22 de xaneiro do 2021
Nos anos 90 era moi popular o shareware, aplicacións
informáticas con algunhas limitacións que podían desbloquear todo o seu
potencial mediante pagamento, o que era un modelo de negocio que funcionaba relativamente
ben e ao que contribuían dende a distribución en discos físicos até as BBS, e
foi precisamente nunah BBS onde naceu en 1993 o catálogo de software Tucows
Downloads, que grazas á internet medrou como negocio até converterse nun dos
principais recursos en liña para a descarga de software.
A compañía foi evolucionando, e aínda que para os máis veteranos Tucows sexa un
histórico recurso que lembra ao que despois fixeron compañías como Softonic, a
empresa actualmente dedícase a outros negocios con bastante éxito, xa que
estamos a falar do segundo maior vendedor de dominios da Internet (só superado
por Go Daddy).
Pero nos últimos anos Tucows Downloads mantiña a súa presenza na web por
motivos puramente sentimentais, chegando incluso a retirarlle a publicidade en
2016 (deixando claro que xa non era un negocio), de aí que non debería ser unha
sorpresa que agora diga adeus, aínda
que sen querer pasar totalmente ao esquecemento, xa que os seus responsables transferiron
os contidos de Tucows Downloads ao Internet Archive para que o manteñan de cara
á posteridade.