Twitter cambia o seu deseño
mércores, 15 de setembro do 2010
O servizo de microblogging
Twitter só contou con pequenos cambios na súa historia, como a creación de
listaxes de usuarios ou a adopción oficial
dos retuiteos, pero agora prepárase
para unha renovación realmente significativa, que aplicarase paulatinamente
durante as vindeiras semanas e que xa se deu a coñecer publicamente. O novo deseño de Twitter distribúe a
información en paneis dun xeito que lembra á súa aplicación
oficial para iPad, de xeito que cando picamos sobre un tuiteo no que haxa referencias a contido externo (coma fotografÃas
ou vÃdeos en servizos coma Dailybooth,
DeviantArt, Etsy, Flickr, Justin.TV, Kickstarter, Kiva, Photozou, Plixi,
Twitgoo, TwitPic, Twitvid, Ustream, Vimeo, Yfrog e YouTube) este poderá verse
na columna da dereita da nova web, de xeito que retense aos usuarios en
Twitter. Ao facer clic sobre un tuiteo
tamén amosarase información adicional relacionado co seu autor ou co tema da
mensaxe, coma respostas, outras mensaxes do mesmo usuario, mapa coa ubicación
do tuiteo e moito máis. Incluso será
posible picar sobre un nome de usuarios para acceder a un mini perfil dos mesmos sen saÃr da páxina de inicio persoal. Dito
doutro xeito: a páxina web de Twitter pasará a comportarse dun xeito moi
semellante a múltiples aplicacións de escritorio para acceder a tal plataforma,
o que poderÃa afectar de xeito significativo ao uso destas ferramentas, que posiblemente queden
relegadas a usos minoritarios por parte de usuarios avanzados, xa que a
meirande parte de tuiteiros verán as
súas demandas de uso satisfeitas pola nova interface que busca converter a
Twitter nun sistema para o consumo de información, atendendo ao uso habitual
que se fai desta plataforma.
VÃdeo de presentación da nova interface de Twitter