Ubuntu prepara unha distribución para ultraportátiles de baixo custo
venres, 23 de maio do 2008
Mark
Shuttleworth, concelleiro delegado de Canonical, anunciou nunha entrevista
a The Guardian que están a preparar unha versión da distribución de
Linux Ubuntu para portátiles e que responderÃa ao nome de Netbook
Remix.
Esta versión de Ubuntu se está a desenvolver en colaboración con Intel, e
pretende achegarse aos ordenadores ultraportátiles de baixo custo que o
fabricante de procesadores chama netbooks.
Moitos destes equipos están a venderse tanto con Linux coma con Windows XP,
pero as distribucións de Linux (coma o Xandros que inclúe o Asus Eee PC) aÃnda
son poucas e están bastante limitadas, polo que a entrada de Ubuntu neste
mercado poderÃa ampliar as opcións dos consumidores.
