Un ano de cárcere por subir á Rede imaxes dunha ex moza espida
martes, 1 de decembro do 2009
O Xulgado do Penal número Tres de
Santander, vén de condear a un ano de prisión a un mozo de 26 anos por pendurar
na Rede fotografías da súa ex moza espida, logo de que ela rompera a relación que
mantiñan.
A sentenza considera ao acusado “responsable dun delito de revelación de
segredos así como dunha falta de ameazas”, pola cal lle impón cinco días de
localización e o abono dos costes procesais.
Por ter subido a Internet as fotos
da rapaza, que dito sexa de paso non tivo moito tino ao deixarse fotografar
espida por un mozo descerebrado e rencoroso, a sentenza condea ao rapaz a
prisión, así como a achegarse á víctima e comunicarse con ela durante dous
anos, así como a pagarlle 700 euros máis os intereses por danos morais.
Pese a que o acusado fixo as fotos
co consentimento da súa ata entón parella, esta nunca o autorizou a subilas a
Internet, concretamente á rede social Tuenti, onde o rapaz as puxo a
disposición de calquera internauta que accedera á páxina.