Un equipo da USC desenvolve un videoxogo para achegarnos á ciencia
martes, 25 de setembro do 2018
Son
tempos de gamificación, e que ninguén se estrañe se as
contribucións a este eido (a adaptación a múltiples procesos de
divulgación e adestramento das metodoloxías propias dos videoxogos)
van a máis con cada ano que pasa. Ten cabida o coñecemento
científico neste gamificar? A resposta que nos chega hoxe
dende a USC é un si rotundo. Alí,
un equipo de investigadores está a desenvolver un videoxogos para
achegar a ciencia a todo tipo de público. A fórmula: combinar
os retos que lle son propios a certas aventuras dixitais con
coñecementos.
Segundo
informa a USC, os responsábeis da proposta xa acadaron o apoio da
Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT). O xogo
coñécese como MatHex (FisiHex, BioHex, QuimiHex …) juego,
estrategia y conocimientos e a investigadora principal é a
profesora Elena Vázquez Abal.
A
iniciativa artéllase por materias, onde cada unha delas terá un
videoxogo de seu, malia que nesta fase do desenvolvemento, a
primeira, as matemáticas (o bloque MatHex) constitúan a cerna do
mesmo. Vázquez Abal informou de que a dificultade poderá axustarse
a todas as idades, dende a nenez até a Universidade, ou para un
público xeral.
A un
nivel máis concreto, o xogo alicérzase sobre un taboleiro
constituído por hexágonos, ao estilo do xogo mesa Hex, combinado
con preguntas. A profesora salienta como punto a destacar a tipoloxía
destas cuestións, “que mesturan dun xeito ameno e coloquial
diversas temáticas”. No caso particular das matemáticas, versarán
sobre xeometría, operacións, historia, arte, sentido común e unha
porcentaxe dedicada a mulleres matemáticas. Ademais, cada pregunta
leva consigo a súa explicación.
Completan
o equipo do proxecto José Carlos Díaz Ramos e Víctor Sanmartín
López, polo Departamento de Matemáticas da USC, e Esteban Calviño
Louzao, profesor de educación secundaria. Os avances que experimente
o proxecto poderanse consultar na súa web,