Un experto sinala que o PP e o PSOE suspenden en materia de comunicación 2.0
mércores, 6 de maio do 2015
- O autor da investigación, Juan Merodio, experto en novas fórmulas de comunicación cidadá
Nin o PP nin o PSOE
aproban en materia 2.0. Así nolo conta Juan
Merodio, blogueiro e experto en novas contornas dixitais, que vén
de avaliar as webs dos devanditos partidos e do Ministerio de
Emprego para verificar até que punto son quen de achegar
participación e conectar co cidadán, ao xeito dos servizos
sociotecnolóxicos aos que se lles pon a etiqueta 2.0. Asegura que ningunha das páxinas establece pontes firmes de comunicación coa
cidadanía. “En ambos os casos”, sinala,
“hai máis egocentrismo partidista eu estratexias dixitais que de
verdade involucren á sociedade por tanto xeren verdadeiros
resultados”.
A maiores, tamén se dá a entender que o devandito estado de cousas
(un estado de cousas moi pouco desenvolvido) é aplicábel
perfectamente a outras agrupacións políticas, e que tanto estas
como as administracións públicas “están en cueiros no que se
refire a proximidade cos españois a través do mundo dixital”.
Segundo explica Merodio, non abonda con estar na Internet, “cómpre
facelo ao cen por cen”. O caso, sinala, é que agás contadas
excepcións, “os principais partidos, administracións ou
institucións só se preocupan por aparentar ser dixitais?”. No
caso específico da web do PSOE,
Merodio cualifícaa de “terríbel”, e engade que fai gala dun
“deseño anticuado e de contidos amoreados”. Polo que respecta á
do PP, sinala que aínda que “está
mellor cás páxinas do resto dos partidos, o cal que non difícil”,
amosa un “deseño moi mellorábel” en materia de feitura visual e
“unha falta de credibilidade en materia de contidos”. No caso da web do Ministerio de Emprego, o experto sinala que máis dixital
é un claro exemplo de cultura analóxica que teima en permanecer,
“deixando para o futuro a comunicación bidireccional co usuario”.