Un grupo de blogueiros antiZP publican un libro colaborativo

venres, 30 de novembro do 2007 Marcus Fernández

A colaboración entre blogueiros para realizar libros en conxunto é algo cada vez máis habitual, e nesta ocasión son 30 blogueiros críticos coa lexislatura socialista os que se agrupan baixo o nome de La Resistencia AntiZP para crear un libro do mesmo título co lema Crónicas desde la Blogosfera.
O texto de 236 páxinas se vende a 12 euros máis gastos de envío e xurde dunha iniciativa de José Mur Llopis, autor principal do libro que asegura que «recolle a resposta –ou o cabreo organizado– que dende Internet se dá a 4 anos de política de Rodríguez Zapatero»
.
O libro está estruturado en 6 partes nas que se recompilan achegas de blogueiros liberal-conservadores que pretenden demostrar «que hai vida máis alá do progresismo».

PUBLICIDADE