Un informe analiza a usabilidade das webs autonómicas
xoves, 3 de abril do 2008
A consultora Biko2 desenvolveu un estudo
de usabilidade sobre 17 páxinas web de administracións autonómicas españolas,
para analizar as prácticas actuais e identificar os aspectos máis crÃticos a
mellorar, quedando a web de Asturias coma modelo de excelencia, seguido polas
comunidades de Baleares, Cataluña, Navarra, Castela e León e a Rioxa, mentres
que Galicia quedou na media xunto con Madrid, Murcia, AndalucÃa e Eusakadi.
Mirando á web da Xunta, dende Biko2 recoñecen que ten un nome
sinxelo (xunta.es) e doado de lembrar, acadando tamén un bo posicionamento nos
buscadores. A súa estética e a xerarquÃa da información tamén están moi
coidadas na web da Xunta, que presenta unha estrutura de navegación consistente
e con poucos niveis, o que facilita a navegación por parte do usuario.
Unha vez entrado a detectar carencias da web da Administración galega, dende Biko2 se ven na obriga de destacar que deixaron fóra do informe as webs de Turgalicia e Cultura e Deporte, polo que a axenda
cultural e a información turÃstica estarÃa mellor tratada do que se pode pensar
nun primeiro momento.
A consultora tamén detectou moitos contidos que non se integran ben co resto da
web, asà coma o feito de que na portada do sitio aparezan moitos contidos
destacados en forma de banner, o que resta credibilidade ó espazo
virtual.
Un detalle que tamén destacan no informe é que, pese a que o formulario web
para a realización de consultas é sinxelo e efectivo, a atención recibida non
está ao mesmo nivel, xa que unha consulta remitida en español se respondeu en
galego e a dúbida prantexada non se resolveu, remitindo ao interesado «ao departamento de Benestar
Social, a pesar de que este departamento forma parte da Xunta».