Un videoxogo permitirá visitar os destinos turÃticos de Arousa Norte
luns, 10 de marzo do 2008
Percorrer de xeito virtual os principais recursos turÃsticos da comarca do
Barbanza mentres se participa nun xogo de ordenador desenvolvido a través do proxecto Travel In
Europe, no que está a participar a mancomunidade Arousa
Norte en representación de todo o territorio español segundo puidemos ler en La
Voz de Galicia.
O xogo estará dispoñible a finais do vindeiro ano e presentará nunha interface
tridimensional disitntos destinos europeos a visitar, que no caso galego
incluirÃa as dunas de Corrubedo, as lagoas de Carregal e Vixán (en Ribeira), o
Museo Valle-Inclán (na Pobra), un percorrido pola ruta das mámoas (Boiro) e as
casas natais de Castelao, Manuel Antonio e Rafael Dieste (en Rianxo).