Unha alumna do Campus Ferrol gaña o 3º premio do Reto Enseña 2.0 de Oracle España
mércores, 26 de xuño do 2024
A alumna da Escola Politécnica de EnxeñarÃa de Ferrol (EPEF), Miriam Eimil Chao (As Pontes, 1999), vén de acadar o terceiro premio no segundo hackathon Reto Enseña 2.0 que organiza a firma tecnolóxica Oracle España en colaboración con Nuwe e no que participaron máis de 230 estudantes de máis de 40 universidades de todo o mundo. Esta alumna do grao en EnxeñarÃa Electrónica Industrial e Automática participou de xeito individual neste reto baixo o nome de Purple Sector Team e en representación da Universidade da Coruña.
A vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares, e o director do Campus Industrial da Universidade da Coruña, Marcos MÃguez, acompañaron á alumna da Escola Politécnica de EnxeñarÃa de Ferrol (EPEF) no acto de entrega de premios que tivo lugar, este martes 25 de xuño, na sede central da empresa en Madrid.
O equipo Cachopo Team da Universidad Europea de Madrid (UE) acadou o primeiro galardón e The Nanos Team da Universitat Politècnica de Catalunya (UPC), o segundo.
O alumnado que integra o equipo gañador recibiu unha tarxeta regalo por valor de 1.000 euros e varias sesións de mentoring con persoal experto de Oracle España. O segundo clasificado recibiu unha tarxeta regalo por valor de 600 euros e o terceiro, neste caso a estudante da Universidade da Coruña (UDC) Miriam Eimil Chao, outra pero por un importe de 400 euros.
Ao longo da xornada, tanto o profesorado coma o alumnado das tres universidades galardoadas neste segundo Reto Enseña 2.0 participaron nun networking con persoal experto de Oracle España e probaron o simulador de Fórmula 1 Oracle Redbull.
Predicindo os resultados da próximas carreiras de Fórmula 1
Entre os meses de maio e xuño, a alumna do Campus Industrial de Ferrol, Miriam Eimil Chao, ao igual que o resto de estudantes universitarios participantes no 2º Reto Enseña 2.0, tivo que afondar no mundo da Fórmula 1 botando man da Ciencia de Datos, da Aprendizaxe Automática e da Intelixencia Artificial (IA) para intentar predicir cal Ãa ser a mellor carreira do ano.
Durante todo o proceso, a estudante da Escola Politécnica de EnxeñarÃa de Ferrol (EPEF), analizou con detalle, a través Oracle Analytics Cloud, aqueles aspectos que converten unha carreira de Fórmula 1 nun evento inesquecÃbel como poden sen os audaces adiantamentos, os estratéxicos pit-stops ou mesmo o clima.