Unha aplicación de Microsoft permite ás persoas con problemas de visión ver co móbil
martes, 5 de decembro do 2023
Dende hai bastantes
anos Microsoft quere axudar ás persoas con eivas visuais tirando proveito da
intelixencia artificial dende o móbil, para o que lanzou
a aplicación Seeing AI para o iPhone, e que finalmente
dá o salto a Android, facilitando que tanto persoas cegas como con baixa
visión poidan empregar o seu smartphone como axuda no seu dÃa a dÃa para
tarefas como describir o contorno, ler o correo ou escoitar as caracterÃsticas
de obxectos, fotografÃas ou persoas.
Seeing
AI para Android incorpora novas
funcionalidades, como as últimas capacidades da IA xenerativa de Microsoft (cunhas
descricións máis detalladas das fotografÃas e a posibilidade de chatear ou
facer preguntas concretas sobre os documentos escaneados).
Esta aplicación, que mellora substancialmente a autonomÃa de persoas con problemas
de visión, pode ler directamente texto curto cando aparece diante da cámara do
móbil, ler documentos en voz alta, escanear códigos de barras para achegar
información sobre os produtos, describir o contorno, recoñecer cartos,
identificar cores, ler texto manuscrito e incluso indicar a luminosidade do
contorno mediante un ton audible.
Seeing AI está dispoñible en 18 idiomas (entre os que figura o español)
e pretende chegar a 36 idiomas o ano que vén. Grazas a estrear versión para
Android esta útil ferramenta está dispoñible para os máis de 3 mil millóns de usuarios
que ten tal sistema operativo móbil a nivel mundial.
