Unha guÃa explica cómo converter unha PS3 nun PC con Linux
mércores, 21 de maio do 2008
Os usuarios da PlayStation
3 de Sony poderán tirar mellor proveito da súa consola de videoxogos grazas a
unha guÃa
publicada en Popular Mechanics que explica paso a paso cómo instalar
Linux na consola, de xeito que se pode converter nun PC
plenamente operativo.
Na guÃa explican cómo ampliar o disco duro da consola e instalar unha versión de Ubuntu adaptada
para a PS3, de xeito que pasaremos a contar cun arranque dual na
consola, para poder elixir entre o sistema operativo orixinal e Ubuntu, dende o
que se poden empregar aplicacións coma OpenOffice.org, Firefox e VLC, o que
abre a ofimática, a navegación web e a reprodución multimedia máis completa á
consola de Sony.
