Unha videoconferencia serve para presentar o Festival de Ortigueira 2011
martes, 28 de xuño do 2011
O secretario xeral de
Medios, Alfonso Cabaleiro Durán, participou hoxe na presentación
do Festival de Ortigueira 2011 que se realizou a través de videoconferencia
desde a aula CeMIT de Ortigueira e as aulas do Centro Multimedia de Galicia en
Santiago, A Coruña, Castro Caldelas e VilagarcÃa de Arousa.
No acto proxectouse un vÃdeo de presentación da edición deste ano do Festival
de Ortigueira, e grazas ao uso das TIC púidose difundir o evento en tempo real
dun xeito máis amplo que con eventos tradicionais, á vez que se lle deu unha
maior visibilidade aos recursos dispoñibles nas aulas CeMIT.
Entre os músicos confirmados no cartel do XXVII Festival Internacional do Mundo
Celta que terá lugar entre os dÃas 7 e 10 de xullo no Concello de Ortigueira
figuran os grupos Riveira (Chile), Stolen Notes (AndalucÃa) , Ultrâqâns
(Galicia), Óscar Ibáñez & Tribo (Galicia), os escoceses Skeryore, a Escola
de Gaitas de Ortigueira, Berrogüetto, David Pasquet Group (Bretaña) e The Urban
Folk Quartet (Inglaterra), Luar na Lubre, The Elders (EE.UU.) e Searson
(Canadá) entre outros.
- O Festival de Ortigueira presentouse por videoconferencia facendo uso dos recursos das aulas CeMIT