Unha vintena de mulleres de Silleda participa até outubro nos obradoiros de Galegas Dixitais
venres, 8 de setembro do 2023
Dende
esta semana e até o 13 de outubro, 21
mulleres do concello de Silleda están a asistir ás actividades do
programa de formación Galegas Dixitais. Nesta 2ª edición que
se fai en Silleda, o curso impártese na Casa da Xuventude de 9 a 14
horas. A través del poderán aprender competencias dixitais básicas,
avanzadas e para o emprendemento.
Trátase
dunha serie de obradoiros cos que introducir ás participantes en
competencias dixitais básicas e avanzadas con vistas á posta en
marcha de iniciativas de proxectos de mercado. Nesta recta final as
actividades leváronse a cabo en Ponteareas, en Vigo e Pontevedra e
máis en Silleda (a partir do 4 de setembro e até o 13 de outubro,
na Casa da Xuventude).
Os obradoiros veñen da man de Beproject
e ARA Formación. Galegas Dixitais é un programa financiado por
fondos Next Generation da UE e promovido pola Xunta de Galicia a
través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.
A
iniciativa inclúe cursos gratuítos dirixido a mulleres de tres
módulos con 40 horas cada un. As asistentes recibirán un portátil
de regalo e o título oficial acreditativo. Abordaranse cuestións
como as competencias dixitais básicas e avanzadas para a actividade
empresarial e profesional.
Para máis información cómpre
visitar a web www.galegasdixitais.es
ou chamar aos números 604 03 95 75 e 886 20 37 63.
As
mulleres que se inscriban nesta iniciativa poderán obter os
seguintes resultados:
-Aprender a usar as novas tecnoloxías
tanto para o día a día como para o seu traballo ou
negocio.
-Mellorar a súa capacidade de empregabilidade.
-Levar
un ordenador portátil totalmente gratuíto.
Participar neste
programa é totalmente de balde xa que, como dixemos, o programa está
promovido pola Xunta de Galicia e financiado a través dos fondos
Next Generation EU e o Plan de Recuperación, Transformación e
Resiliencia da Unión Europea.