Unha vintena de pemes mergulláronse na CEO nos segredos das ferramentas intelixentes
xoves, 29 de xuño do 2023
Ao
abeiro do seu programa de accións para fomentar a innovación nas
empresas, a iniciativa Conecta Ourense programou para este pasado 20
de xuño unha xornada dirixida a coñecer os métodos para levar esa
innovación ao tecido empresarial. O
taller Descobre como innovar na túa empresa desenvolveuse na
Confederación Empresarial de Ourense coa participación de 20
representantes de pemes dun amplo abano sectores. Na xornada púxose
o foco no potencial das ferramentas da Intelixencia Artificial e da
innovación a través do pensamento.
Estiveron
representados ábmitos de actividade empresarial como por exemplo
consultarÃa, arquitectura, formación, viticultura, tecnoloxÃa,
xestión ambiental, enxeñerÃa, apicultura, electricidade ou
organización de eventos, asà como asociacións empresariais e
centros tecnolóxicos, que aprenderon as técnicas para desenvolver
procesos innovadores nos seus sectores e actividades.
O
obradoiro, conducido por Consuelo Verdú, centrouse no
desenvolvemento do modelo Design Thinking isto é, innovar
aplicando a forma de pensar dos e das deseñadoras co fin de resolver
os problemas mediante solucións prácticas. Trátase dunha
metodoloxÃa de innovación que se centra nas persoas e axuda a
identificar as necesidades reais dos usuarios e a desenvolver
solucións efectivas. A relatora mesmo utilizou ferramentas de
Intelixencia Artificial aplicadas a este modelo que axudan a resolver
tódalas fases do proceso: exploración, reflexión, ideación e
prototipado.