Unha xornada na Coruña dará conta de trucos para axilizar o traballo con Android Studio
martes, 21 de febreiro do 2017
O Coruña Android Developer Group xa conta co seu primeiro
relator para o Android
Developer Monthly Meetup que terá lugar o vindeiro 10 de marzo ás 19:00 horas
na sede de MANS - Fundación Paideia no PolÃgono de POCOMACO (parcela D22), que
non será outro que Saúl Molinero, desenvolvedor Android en Popsy, a quen moitos
lembrarán pola súa participación
na creación do xogo de realidade aumentada War
of Sides.
Saúl Molinero comentará distintos trucos que agocha Android Studio e que poden
resultar de grande utilidade para o desenvolvemento de aplicacións. Destacará
os atallos máis prácticos que presente o IDE desta ferramenta de desenvolvemento,
buscando axilizar o traballo diario na creación de aplicacións móbiles.
Tras a xornada haberá pizza e cervexa por cortesÃa de Mobgen, multinacional do
desenvolvemento de aplicacións que conta cunha delegación na cidade da Coruña.
