Valve vende unidades reacondicionadas da Steam Deck
martes, 8 de agosto do 2023
O concepto de
consola portátil para xogos de PC de Steam sorprendeu polo seu éxito comercial,
facendo que durante os seus primeiros meses a Steam Deck non fose capaz de
atender á demanda e tardase
uns 9 meses en poder adquirirse sen reserva.
Pero esta máquina xa ten certo tempo, e xa hai alternativas máis potentes,
aÃnda que a un prezo máis elevado, de aà que resulte moi interesante a nova
posibilidade que Valve ofrece para facerse cunha SteamDeck: as unidades
reacondicionadas certificadas.
Valve está a ofrecer consolas Steam Deck usadas, que foron reparadas e revisadas,
de xeito que ofrecen unha experiencia igual á de unidades novas, aÃnda que
poden ter algunha pequena marca de uso, e en compensación o consumidor
benefÃciase dun desconto do 20%, facendo bastante atractiva a compra dunha
Steam Deck. Temos asà o modelo con 64 GB de almacenamento a 339 euros (aÃnda
que cómpre lembrar que este modelo ten un almacenamento eMMC, polo que non é
unha compra recomendable), mentres que os modelos con 256 e 512 GB pasan a
custar 439 e 539 euros, facendo máis asumible a compra deste dispositivo que
destaca polo seu xigantesco catálogo de tÃtulos dispoñibles e por contar con
moitos xogos que certifican o seu bo rendemento neste hardware.