Varias ferramentas permiten aplicar efectos artÃsticos ás nosas fotografÃas
luns, 8 de agosto do 2016
A aplicación
Prisma está a converterse en todo un fenómeno, convertendo as nosas
fotografÃas en imaxes que imitan ser obras de arte, e iso está a provocar a
emerxencia de clons e outras ferramentas inspiradas na mesma como Lucid, unha
aplicación que podemos descargar
de balde para iOS e para
Android, que permite coller a fotografÃa que queiramos do noso móbil e
subila aos servidores da súa compañÃa para aplicarlles os filtros artÃsticos
que desexemos, cunha importante diferencia con respecto a Prisma: podemos ver
unha vista previa de baixa calidade dos distintos filtros antes de aplicalos, o
que supón unha axilización do proceso de probar varios filtros até atopar o que
máis se axuste aos nosos gustos.
AÃnda que Lucid tende a aplicar os filtros de alta calidade nuns 3 segundos,
hai momentos nos que os seus servidores están saturados, de aà que a aplicación
conta coa opción de poder avisar cando se completou o efecto a través dunha
notificación no móbil, o que resulta bastante práctico.
Efectos vÃa web
Pero no é necesario instalar unha aplicación no noso smartphone para poder gozar de efectos artÃsticos nas nosas fotografÃas, e tamén están a xurdir numerosas ferramentas web como Dreamscope, que pode probarse en liña de xeito sinxelo e que tamén conta cunha aplicación para iOS que vai un chisco máis aló con Paintbrush, unha aplicación para iOS do mesmo equipo, que non só permite transformar en cadros impresionistas as nosas fotografÃas, senón tamén os nosos vÃdeos, buscando asà sorprender aos nosos amigos en redes sociais.
Como servizo de pagamento
Nunha liña moi semellante está DeepArt,
que ofrece de balde a posibilidade de converter imaxes en ilustracións con
estilos artÃsticos recoñecibles, aÃnda que neste caso é un servizo freemium, ou sexa, que ten opcións de
pagamento bastante interesantes, como a posibilidade de ter prioridade no
procesado da nosa imaxe pagando 1,99 euros, poder ter versións das imaxes el
alta definición (entre 19 e 149 euros), poder converter a imaxe procesada nun
póster con marca de auga (69 euros) e imprimir a imaxe procesada sen marca de
auga en cristal acrÃlico por 299 euros.Tamén ofrecen a posibilidade de
converter vÃdeos por a partires de 99 euros.
Temos asà un exemplo de como unha empresa consegue tirar proveito económico dun
fenómeno nacido no ámbito das aplicacións móbiles, aÃnda que cómpre salientar
que este proxecto é anterior a Prisma.
- O equipo de DeepArt nunha fotografÃa procesada coa súa tecnoloxÃa