Artigos desta sección
Foreign Legion: Buckets of Blood, novo shooter para Mac
Non é moi habitual que deamos conta de novos xogos para ordenadores de Apple, pois normalmente limítanse a ser versións doutros títulos para PC, pero Foreign Legion: Buckets of Blood é toda unha agradable sorpresa, pois este título para Mac OS X 10.3.9 ou superior que venden por 9,99 dólares (6,30 euros) destaca pola súa aparencia de debuxo animado que lembra (...)
Ler máisPechan The Matrix Online
Xa pasaron bastantes anos dende que as películas de The Matrix pasasen polas grandes pantallas, pero continuaban vivas a través do xogo The Matrix Online, que pretendía ser un universo no que continuase a guerra entre homes e máquinas das películas dos Wachowski, pero que non logrou consolidarse coma unha plataforma de xogo multiusuario en rede, e finalmente (...)
Ler máisRoxette e Melocos achegan novos temas á SingStore
A tenda de cancións para o SingStar de PlayStation 3 vai incorporar unha chea de novos temas esta semana, entre os que podemos destacar 10 cancións de Roxette, 5 cancións do italiano Tiziano Ferro, 2 temas de Melocos e algunhas cancións realmente moi coñecidos coma o Rocket Man de Elton John, I Will Survive de Gloria Gaynor, Ace of Spades de Motörhead, (...)
Ler máisDenuncian que a Wii é menos potente que o iPhone
A polémica está servida, pois nos foros de Telltale Games, ante queixas sobre o mal funcionamento da primeira entrega do xogo Tales of Monkey Island para a Wii a través de WiiWare, un dos programadores da compañía defendeu o traballo do seu equipo asegurando que «as voces e texturas son así porque estamos limitados a 40 Mb para títulos WiiWare». E aínda que (...)
Ler máisDJ Hero contará cunha edición de coleccionista
O xogo DJ Hero pretende revolucionar os xogos musicais levando aos usuarios a facer remesturas musicais, contando co apoio de músicos coma Eminem ou do popular Jazzy Jeff (compañeiro de Will Smith en O Príncipe de Bel-Air tanto na ficción como na súa carreira musical), e que segundo confirmou Activision, contará cunha versión de coleccionista chamada Renegade (...)
Ler máisAnuncian as cancións que incluirá a secuela de Lips</Em>
Microsoft vén de confirmar a listaxe completa de temas que incluirá a secuela do seu xogo de karaoke para a Xbox 360, Lips: Number One Hits, que pretende repetir o éxito da súa anterior entrega, para o que recollerán cancións moi coñecidas, de Aqua, Beck, Black Eyed Peas, Blondie, Bob Sinclair, Coldplay, MC Hammer e outros, agardándose tamén que conte con (...)
Ler máisConfirman a listaxe completa de cancións do Guitar Hero 5
Despois dun goteo constante de confirmacións de temas para o Guitar Hero 5, chega a última remesa de cancións que completará o catálogo do xogo musical, que contará con temas moi coñecidos coma o Superstition de Steve Wonder, o Sultans of Swing dos Dire Straits, o Under Pressure de Queen con David Bowie ou o Smell Like Teen Spirit de Nirvana, á vez que tamén (...)
Ler máisMarvel vs Capcom 2 chega á Xbox 360
Tras varios meses de espera chega ao Bazar de Xbox LIVE a revisión do clásico xogo de recreativas Marvel vs Capcom 2, que adapta os gráficos do xogo orixinal á alta definición mediante o uso de certos filtros (en vez de partir de deseños redebuxados coma fan outros produtos semellantes coma o impresionante Super Street Fighter II Turbo HD ReMix) e achega un (...)
Ler máisUn videoxogo amosará Compostela e o Camiño no século XII
A partir do vindeiro ano poderá haber peregrinos cibernéticos, xa que un videoxogo recreará nun universo virtual o Camiño e a cidade de Santiago de Compostela do século XII. O lanzamento da primeira fase do proxecto, que contará cun orzamento de 3,5 millóns de euros, coincidirá coa celebración do Xacobeo 2010, e estará operativo en xullo do ano que vén. Un (...)
Ler máisResident Evil 4 chega ao iPhone
O Resident Evil 5 foi recibido nalgúns países con certa polémica polo seu suposto racismo (por aparecer infectados de distintas etnias africanas, o que estaba xustificado precisamente porque a acción transcorre en África) pero a xente parecía ter esquecido que o Resident Evil 4 estaba ambientado en España, país que representaban coma unha comunidade rural pouco (...)
Ler máis0 | ... | 5490 | 5500 | 5510 | 5520 | 5530 | 5540 | 5550 | 5560 | 5570 | ... | 6620