Vodafone e Cisco únense para mellorar as solucións de conectividade fixa para empresas
venres, 22 de xaneiro do 2016
As compañías Vodafone
España e Cisco van potenciar de maneira conxunta as solucións de
Redes Privadas Virtuais (VPN) e de conectividade de datos fixos para
empresas. A alianza entre ámbalas firmas diríxese a permitir
aos clientes gozar “da oferta máis completa e competitiva” de
equipos, solucións e servizos de acceso á información: equipos,
solucións e servizo que combinan as tecnoloxías VPN de Cisco coa
conectividade de datos fixos de Vodafone.
O acordo, que de
primeiras durará tres anos, abrangue a comercialización conxunta
das devanditas solucións, unhas achegas que en palabras de Vodafone
son moi acaidas para fornecer acceso e dispoñibilidade de redes de
maneira ubicua, “sempre dispoñíbel e altamente segura tanto para
grandes empresas como para administracións”.
A alianza tamén pretende
trasladar ao mercado os beneficios de Cisco Meraki, unha completa
plataforma de mobilidade xestionada desde a nube e que salienta por
ofrecer as últimas solucións de conectividade Wi-Fi e analítica de
rede para facilitar a dixitalización e optimizar o servizo ao
cliente en sectores como por exemplo a hostalería.