Vodafone ofrece descontos ao entregar un móbil antigo ao facerse cun dispositivo novo

xoves, 3 de novembro do 2022 Marcus Fernández

Dende este venres e até finais de mes Vodafone celebra o Green Friday, unha campaña para apostar por un consumo responsable dando unha nova vida aos dispositivos que non utilizamos a través do programa Vodafone Flex, que permite aforrar até 580 euros entregando antigos dispositivos ao facerse cun modelo novo.
Entre as promocións máis destacables estarían o Samsung Galaxy Z Flip4 por 19,9 euros/mes durante 36 meses coas tarifas Vodafone One Ilimitada Dúo ou Vodafone One Hogar Ilimitable (o que supón un aforro duns 580 euros se entregamos o antigo móbil) e que inclúe 1 ano de seguro para o dispositivo; o Xiaomi 12T Pro poden adquirirse por 16,85 euros/mes durante 36 meses coas tarifas antes mencionadas (obtendo un aforro duns 340 euros se entregamos un móbil antigo) contando tamén cun seguro de 1 ano; o Samsung Galaxy Watch 5 40mm pode mercarse por 9,25 euros/mes durante 36 meses coas tarifas mencionadas (o que supón un aforro de máis de 60 euros); e o televisor Xiaomi A2 de 55 polgadas custaría 12,75 euros/mes durante 36 meses con calquera tarifa ilimitada (o que supón un aforro duns 190 euros se entregamos un móbil antigo).
Con Vodafone Flex tamén é posible adquirir a prazos (durante 24 ou 36 meses) produtos como un portátil Lenovo Ideapad 3 15 IGL, unha tableta Samsung Galaxy Tab A8, un televisor LG UQ751 4K, numerosos electrodomésticos de Xiaomi ou unha consola Nintendo Switch Neon, o que pode resultar atractivo para quen queira facerse cun destes dispositivos mediante un sistema de pagamento aprazado sen xuros.

PUBLICIDADE