Webs Dinámicas leva dúas décadas achegando páxinas web e aprendizaxe virtual aos centros educativos
luns, 6 de abril do 2026
O proxecto Webs Dinámicas, desenvolvido pola AMTEGA con solucións de software libre, cumpre dúas décadas ao servizo dos centros educativos públicos da comunidade.
Na actualidade, máis de 1.100 centros forman parte desta rede, que lles permite crear e xestionar a súa propia páxina web, contar cunha plataforma de aprendizaxe virtual e dispoñer de galerÃas de imaxes. A ferramenta é empregada a diario por unha media superior ás 75.000 persoas autenticadas e rexistra tamén un volume elevado de visitas sen identificación, o que amplÃa de maneira significativa o seu alcance.
O proxecto constitúe un exemplo de coordinación e innovación continuada, sustentado na implicación do persoal asesor Abalar de zona da AMTEGA, que durante estes 20 anos vén acompañando os centros e ofrecendo apoio constante na súa evolución.
As webs dinámicas para educación intégranse nas iniciativas da Xunta en materia de software libre e baséanse en tres aplicacións principais: Drupal, para a creación e xestión de contidos web; Moodle, como contorna de aprendizaxe virtual; e Coppermine, orientada á publicación de galerÃas de imaxes. Na actualidade, a plataforma atópase en proceso de actualización cara a unha nova versión de Drupal, que incorpora melloras como unha visualización optimizada en dispositivos móbiles, unha interface renovada e unha maior coherencia coa identidade corporativa dos centros educativos.
