WhatsApp Web xa está dispoñible para iPhone
mércores, 19 de agosto do 2015
AÃnda que WhatsApp é unha ferramenta de mensaxerÃa
instantánea que está pensada para funcionar exclusivamente dende un único
smartphone, a
primeiros de ano estreou unha solución oficial para poder acceder ás nosas conversas
no móbil a través do ordenador valéndonos dunha páxina web que facilitaba o
control remoto da aplicación nas súas versións de Android, Windows Phone,
BlackBerry e Nokia S60/S40, deixando fóra ao iPhone, pero nas últimas horas esta mesma web indica que xa
é posible salvar este obstáculo, e xa serÃa compatible co smartphone de Apple.
Esta nova funcionalidade está a distribuÃrse entre os usuarios de iPhone, de xeito
que en poucas horas deberÃa estar dispoñible en todo o mundo. Cando se activa a
funcionalidade os usuarios ven como no menú de configuración da aplicación
aparece un apartado chamado WhatsApp Web que facilita o escaneo do código QR
que vinculará o teléfono co navegador web no que esteamos a acceder á páxina
web que facilita o acceso remoto a WhatsApp.
Cómpre lembrar que estamos ante unha solución que simplemente facilita o acceso
remoto a WhatsApp dende a mesma rede local, pois non se trata dunha versión web
do servizo, de xeito que se o teléfono se desconecta da nosa rede doméstica
deixará de estar dispoñible o noso WhatsApp dende o ordenador. Os usuarios tamén
poden elixir se deixan que as sesións de WhatsApp Web caduquen tras a conexión
o seu manteñan abertas sempre que sexa posible (o que resulta especialmente
cómodo no fogar, para non ter que andar a escanear o código QR en pantalla cada
vez que queiramos acceder a WhatsApp).