WhatsApp permite que até 8 usuarios poidan participar nunha videochamada

martes, 28 de abril do 2020 Marcus Fernández

Hai unha semana WhatsApp incrementaba na súa versión beta o número máximo de participantes nunha videochamada, que pasaba de 4 a 8 usuarios á vez, e finalmente esta funcionalidade chegou á versión oficial de WhatsApp para iOS e para Android, de xeito que para poder ter até 8 participantes nunha videochamada grupal chega con que todos os usuarios teñan unha versión recente de WhatsApp.
Para facer unha destas videoconferencias chega con ir á opción de chamadas da aplicación e elixir a opción de nova chamada grupal, tras o que poderemos engadir até a 7 dos nosos contactos, para elixir logo se queremos chamalos mediante voz ou vídeo. Tamén é posible establecer unha desta comunicacións dun xeito máis áxil se estamos dentro dun grupo con poucos usuarios, de xeito que a nova chamada incorporaría aos participantes do grupo de xeito automático.

PUBLICIDADE