WhatsApp rexistra máis de 340 millóns de minutos diarios en videochamadas
luns, 8 de maio do 2017
Hai preto de medio ano WhatsApp estreou
a posibilidade de realizar videoconferencias dende as súas aplicacións para iOS,
Android e Windows Phone, convertendo a esta aplicación nunha ferramenta de
comunicación moi completa e, pese a que as chamadas en vídeo estaban
dispoñibles a través de numerosos plataformas como Skype, Hangouts ou
Messenger, parece que moitos usuarios descubriron este xeito de comunicarse
dende o móbil a través de WhatsApp, ou iso entendemos se vemos os datos de uso
que vén de publicar a compañía: os 1.200 millóns de usuarios de WhatsApp empregarían
máis
de 340 millóns de minutos ao día repartidos en máis de 55 millóns de videochamadas.
Deste xeito WhatsApp xa non sería só a principal aplicación móbil de mensaxería
a nivel global, senón que tamén estaría a dominar o sector das videochamadas,
cun especial impacto en mercados emerxentes onde os usuarios non contan con
terminais de alta gama nin conexións de banda larga móbil moi rápidas,
condicións nas que WhatsApp está a esforzarse para renden co vídeo.