Xa circulan pola Rede copias do último filme dos Vingadores
mércores, 24 de abril do 2019
- As gravacións do filme teñen unha calidade moi baixa
Pese
ás numerosÃsimas medidas de seguridade para protexer o filme de filtracións
sobre o seu argumento, as estreas de presentación de Avengers: Endgame facilitaron que a produción que non chegará ás
salas cinematográficas até mañá xa
estea a circular pola Rede, primeiro cunha copia cunha calidade de imaxe e
son lamentable orixinada en China (como denota que teña subtÃtulos en chinés),
e logo cunha copia con calidade mellorada que circula cunha sobreimpresión
promocionando a casa de apostas rusa 1XBet.
AÃnda que o público non é moi partidario actualmente dos screeners (copias realizadas nos cines normalmente a través de
cámaras de vÃdeo) e Avengers: Endgame
xa teña vendido un número considerable de billetes de xeito anticipado (polo
que a estrea será un éxito indiscutible), o feito de que circulen copias da
pelÃcula pola Internet é especialmente molesto porque facilita a circulación de
spoilers, ou sexa, que se desvelen
detalles da historia que poderÃan estragar a sorpresa a moitos espectadores que
teñen previsto pasar polas salas cinematográficas nos vindeiros dÃas.
Hai anos este tipo de filtración poderÃa prexudicar seriamente ao desempeño
económico dun filme, pero actualmente o público non está disposto a ver copias
de baixa calidade de superproducións por ter elevado os seus estándares de
calidade, o que é toda unha sorte para o negocio do cine, que consegue manter
aos espectadores fieis grazas ao coidado das súas proxeccións.