Xeopesca lanza un informe onde critica a forte dependencia das Comunidades de Madrid e Galicia ao software privativo
martes, 23 de febreiro do 2021
- Sede do Goberno da Comunidade de Madrid nunha imaxe da Wikipedia
A
asociación
galega Xeopesca, centrada no impulso e o desenvolvemento do software
libre, está a dar forma a relevantes estudos comparativos sobre os
custes que representa para as administracións a adquisición de
programas privativos en contraposición coas importantes
diminucións e aforros que poría en xogo unha aposta firme polas
ferramentas non privativas. A asociación está a poñer o foco no
caso madrileño e no caso galego.
Para
o caso galego, Xeopesca solicitou a AMTEGA información sobre o
convenio subscrito con Microsoft no ámbito educativo. En paralelo,
fixo unha petición as diferentes comunidades autónomas para coñecer
e comparar o contexto tecnolóxico e a implantación das tecnoloxías
libres versus privativas. O 17 de febreiro de 2021
tiveron a resposta da Comunidade de Madrid, que se ben achegou
información incompleta (non se forneceron datos que permitisen
coñecer a evolución tecnolóxica na situación da pandemia, onde
foi fundamental o uso de ferramentas online para realizar o
teletraballo), si que ten utilidade para verificar a forte
dependencia da Administración madrileña con respecto a Microsoft
Ibérica.
Segundo
se fai saber no informe de Xeopesca, dos datos ofrecidos descóbrese
que Microsoft Ibérica facturou nese período 2.479.871,42 €. Tamén
que a facturación e case constante e repetitiva de forma mensual
entre outubro de 2016 e agosto de 2017 o importe sempre foi de
86.582,05. Posteriormente prodúcese unha rebaixa 17.968,39 € na
facturación mensual sendo un total de 68.613,65.
Dende
o Goberno infórmase a Xeopesca que o devandito gasto afecta a 80.000
postos pero sen indicar a anualidade, “o cal imposibilita coñecer
con exactitude o facturado por Microsoft por posto anualmente”. A
asociación sinala que “se temos como referencia o ano 2017
Microsoft cobrou por cada equipo 12,09€ anualmente, mentres no 2018
sería de 10,29€ anuais”.
Ano
Importe
2016 346.328,20
€
2017 967.111,04
€
2018 823.363,88
€
2019 343.068,30
€
Total 2.479.871,42
€
Xeopesca
tamén fai saber que ao gasto polos produtos privativos de Microsoft
cómpre engadir o facturado a outras empresas socias da dita
multinacional que funcionan como fornecedoras do seus servizos. O
importe total facturado por estas consultoras é de 17.758.037,62 €.
Se obtemos o promedio de gasto facturado por posto de traballo
obtemos que no 2017 facturouse 50,71€/ano por equipo e no 2018 un
total 67,11€/ano por equipo. No informe dise que destas empresas a
principal beneficiada sería Seidor, “abranguendo o 70,7% do gasto
por un importe de 12.557.424,18 €”.
Tamén
se explica que para estas firmas o concepto de facturación resúmese
en tres alternativas: actualización dun sistema, subscrición de
licenzas que supoñen a gran maioría das facturas e unha terceira
opción que se presenta nun único rexistro que é o mantemento de
programas de Microsoft.
Xeopesca
opina que “no referente ao estudo de alternativas aos produtos de
Office365 sorprende que se fale de probas de concepto con
alternativas libres con resultados negativos polos usuarios”, non
achegándose información sobre criterios, obxectivos, plans de
seguimento e mellora e tamén da formación correspondente aos
usuarios. A Comunidade argumenta ter tido en conta, para esta
decisión, “a nula interoperabilidade de aplicativos propios que
foron deseñados en exclusiva para o ecosistema das aplicacións
Microsoft”. No documento remitido dise: “El segundo motivo se
fundamenta en la imposibilidad de integración de otras herramientas
ofimáticas independientes de la suite de Microsoft en distintas
aplicaciones de la Comunidad de Madrid, tales como Gestión Procesal
o Historia Médica”.
Todo
o devandito, explica Xeopesca, indica ás claras “a forte
dependencia tecnolóxica da administración cun modelo de negocio e
de ecosistema de aplicativos pechado e pouco interoperábel”.
No
referente ao almacenamento da información na nube de Microsoft
Office365 confírmase o que a asociación sospeitaba: “O
almacenamento principal é en servidores externos aos Centros de
Procesamento de Datos da institución, é dicir servidores de
Microsoft”.
O
caso galego
Xeopesca
fixo saber que ten pendente recibir unha documentación análoga
solicitada á Xunta de Galicia e a AMTEGA no referente aos servizos e
produtos contratados. A asociación lembra a este respecto que “en
2019 fíxose público o dispendio económico de 13,5 millóns de
euros en licenzas de código pechado e que tivo como reacción o
manifesto Polo Software Libre na Educación Galega”. Na súa
comparación dos gastos de ámbalas Comunidades Autónomas, o informe
de Xeopesca indica que a Galicia corresponderíanlle 13,5 millóns só
no 2019 e a Madrid 17,7 millóns no período 2015-2019. E rematan: “O
noso colectivo ve incrementada a nosa preocupación no gasto de
solucións privativas e a ausencia de políticas reais na
implantación de tecnoloxías libres”.