Xornada en Vigo para mellorar a competitividade das empresas mediante as TIC
luns, 18 de xuño do 2012
O vindeiro mércores, 20 de xuño, vaise celebrar en Vigo unha particular xornada
dirixida a mellorar a competitividade das empresas, na que se lle mostrará
ás persoas asistentes como xestionar os seus recursos e como aproveitar as TIC
para mellorar a situación dos seus negocios.
A cita, que está a organizar PONS Patentes e Marcas Internacional xunto con
Azteca Ingeniería e a Fundación PONS, terá lugar na sala de conferencias do Centro
Social Novacaixagalicia, situado na rúa Policarpo Sanz.
A xornada ten como obxectivo ensinarlle ás empresas a “debuxar escenarios futuros, para xestionar o seu investimento en I+D”,
e contará coa presenza, entre outros, do profesor Carlos Fernández Novoa, a
quen acaban de elixir Académico de Número da Real Academia de Xurisprudencia e
Lexislación.
O evento vai dirixido tanto ao persoal directivo como ao persoal técnico de
empresas e institucións interesadas no desenvolvemento de actividades de I+D+i
no seu seo.