YouTube incrementa o tamaño dos seus vídeos a 2 Gb
luns, 29 de xuño do 2009
Hai cousa dun ano
os vídeos en YouTube estaban limitados a un tamaño de ficheiro de 100 Mb e a
unha duración de 10 minutos (este último detalles, para evitar o pirateo de películas e series de
televisión) pero o público estaba a esixir melloras a este respecto, en boa
medida pola chegada da alta definición, e así hai uns meses incrementaron o
tamaño máximo a 1 Gb e agora volven
a subilo a 2 Gb, de xeito que a calidade dos contidos no portal de vídeos
de Google poderá ser aínda mellor.
Pero non é o único detalle que melloran no sistema, senón que tamén fan máis
doada a incrustación de vídeos (que ) en alta definición e a creación de
ligazóns aos mesmos, de xeito que agora, ao colocar ao final do enderezo dun
vídeo o parámetro &hd=1 (fronte
ao &fmt=22 que funcionaba ata o
momento). Para integrar a versión en alta definición dos vídeos en webs e blogs
recomendan elixir a opción de Reproducir
en HD así como seleccionar o tamaño más grande do reprodutor (853 x 505).
Estes cambios en YouTube están a facer notar que a alta definición está a
medrar a bo ritmo incluso na produción de vídeo doméstico, notándose máis este
salto de calidade no vídeo en liña que na oferta audiovisual tradicional.