YouTube para iOS proba o Picture-in-Picture
mércores, 25 de agosto do 2021
Dende hai tempo iOS permite que as aplicacións de vÃdeo pensadas
para a reprodución a pantalla completa poidan correr os seus vÃdeos nun recadro
emerxente que poida colocarse nas esquinas da pantalla para poder continuar a
gozar da reprodución mentres se emprega outra aplicación, o que foi asumido
masivamente polas principais aplicacións de vÃdeo cunha notable excepción:
YouTube.
Dende YouTube consideraron que a reprodución da aplicación de vÃdeo nunha
fiestra emerxente era unha función demasiado atractiva como para ofrecela
masivamente, polo que restrinxÃrona e agora está de volta con función experimental
que os usuarios Premium poden activar no
apartado de proba de novas funcións experimentais do servizo de vÃdeo.
Esta prestación, coñecida como pantalla superposta en iOS, facilita poidamos
continuar a ver un vÃdeo nunha fiestra reducida cando saÃmos da aplicación de
YouTube, sendo posible mudar a posición e o tamaño destas fiestra para colocala
do xeito que interrompa o menos posible o traballo con outras aplicacións.
Cómpre sinalar que dende o navegador web a función está dispoñible sen ter que
activala de xeito especial nin contar cunha conta de usuario Premium. O modo Picture-in-Picture
tamén permite mover a fiestra emerxente cara a un lateral, o que permite
ocultar totalmente o vÃdeo e manter a reprodución sonora, o que resulta
práctico para facer seguimentos de retransmisións en directo que non precisen
da nosa atención visual ou incluso para escoitar música mentres empregamos
diferentes aplicacións.