YouTube toma medidas contra os bloqueadores de anuncios
venres, 30 de xuño do 2023
YouTube ofrece un
servizo de pagamento para librar aos usuarios da publicidade, pero non son
poucos os usuarios que en vez de subscribirse a YouTube Premium optan por
empregar bloqueadores de publicidade para librarse dos anuncios, comportamento
que a plataforma non parece estar moi disposta a tolerar a longo prazo, polo
que iniciou probas para desactivar
a reprodución de vÃdeos aos usuarios que empreguen bloqueadores de anuncios.
Na actualidade hai moitas páxinas web que impiden o acceso aos seus contidos se
empregamos un bloqueador, e agora YouTube proba unha medida semellante para instar
aos usuarios a deixar de empregar este tipo de ferramentas ou a subscribirse a
YouTube Premium se non queren que as sesións de vÃdeo se vexan interrompidas por
anuncios.
O sistema que está a probar YouTube só bloquea a reprodución de vÃdeo cando un usuario
ignora repetidamente os avisos para desactivar o seu bloqueador de publicidade.
Este sistema contra o bloqueo de publicidade tense xa detectado tanto na
versión web como na versión móbil de YouTube, e chega nun momento no que a
plataforma está a potenciar anuncios de até 30 segundos de duración que non
poderán saltarse, de aà que sexa lóxico que tenten protexer este tipo de
formatos publicitarios que xeran grandes ingresos para a compañÃa.