Zegona adianta detalles do futuro de Vodafone
luns, 11 de decembro do 2023
Zegona
vai camiño de rematar a adquisición de Vodafone España, acordada a finais
de outubro, e o presidente da compañÃa adiantou
á prensa algúns detalles de como será a estratexia da compañÃa nos
vindeiros anos.
Eammon O’Hare asegura que Zegona investirá 3.000 millóns de euros en Vodafone
España nos vindeiros 4 anos, tendo como prioridade recuperar clientes e
potenciar o seu operador de baixo custo, Lowi. Tamén insiste en que están
encantados coa marca Vodafone, de aà que aceptasen mantela en España durante 10
anos.
O’Hare asegura que a infraestrutura de rede de Vodafone está infrautilizada,
polo que non desbotan mellorar a velocidade ou incluso ofrecer prezos moi
diferentes na liña do que fai Digi cos clientes que están na súa rede.
Tamén resulta rechamante a insinuación de que Vodafone poderÃa chegar a ofrecer
conectividade móbil a Digi dentro de 2 anos, cando caduque o seu contrato con
Telefónica.
O que si deixou claro é que Vodafone non volverá a ofrecer LaLiga do xeito
tradicional, pois abandonar ese guerra é cousa do pasado (o que non quita que
poidan existir outros xeitos de contratar fútbol no futuro).