Zuckerberg quere integrar a mensaxerÃa de Facebook, Instagram e WhatsApp
venres, 25 de xaneiro do 2019
Nas páxinas do The New York Times recollen unha información
bastante preocupante sobre as intencións de Mark Zuckerberg de integrar
os distintos servizos de mensaxerÃa da súa compañÃa (WhatsApp, Instagram e
Facebook Messenger), ou sexa, que aÃnda que as tres aplicacións continuarÃan a
operar por separado, a súa infraestrutura técnica estarÃa unificada, de xeito
que unha única plataforma de comunicación contarÃa con máis de 2.600 millóns de
usuarios, facilitando o envÃo de mensaxes entre plataformas.
Estamos ante unha posibilidade que claramente preocupará aos organismos anti-monopolio,
á vez que tamén serÃa todo un reto de cara á seguridade e á privacidade dos
usuarios, e que non poderÃa ser realidade até probablemente o ano que vén, xa
que require profundos cambios nas tres plataformas (lembremos que Instagram e Messenger almacenan as mensaxes nos servidores de Facebook, mentres que WhatsApp non garda copias das mensaxes fóra do smartphone do usuario).
Polo momento Zuckerberg estarÃa a ordenar que todas as aplicacións integren
cifrado de extremo a extremo, ou sexa, que a mensaxerÃa nas tres plataformas
teñan niveis de seguridade equiparables, de xeito que sexan cada vez máis
semellantes, e a intercomunicación entre as mesmas non suporÃa unha perda de
seguridade.
Este movemento da compañÃa responderÃa en boa medida á perda de pulo de
Facebook, mentres que Instagram e WhatsApp non cesan de medrar e, de feito,
actualmente WhatsApp é xa a ferramenta social máis usada do mundo, de xeito que
en Occidente practicamente o único paÃs no que non serÃa un referente serÃa os
EE.UU.
En calquera caso, as intencións de Zuckerberg poderÃan verse frustradas polos
reguladores, pois non podemos esquecer que a nivel europeo hai xa limitacións
para a integración entre Facebook e WhatsApp, e se metemos na ecuación a
Instagram a cousa complicarÃase aÃnda máis, e o cruzamento de datos entre todas
estas plataformas poderÃa chegar a ser ilegal se non se realiza con certas
garantÃas (como permitir que os usuarios estean debidamente informados e poidan
escoller se queren ou non integrar as súas diferentes contas).