Intro para todo consegue un prototipo de escritorio adaptado ás necesidades das persoas con discapacidade intelectual
luns, 28 de decembro do 2015
- O prototipo nacido do hackatón xa está en fase de testeo
O I
Hackatón Solidario Intro para todos,
organizado pola AMTEGA, o Concello de Padrón e a Asociación de Pais e Nais con
Discapacidade Intelectual da Comarca do Sar (AMIPA), que reuniu o pasado mes de
novembro na aula CeMIT local a unha vintena de programadores, deseñadores, e
emprendedores, conseguiu
o seu obxectivo: deseñar unha solución que mellore a usabilidade e
accesibilidade dos ordenadores da aula CeMIT local coas achegas da cidadanía.
Trátase dunha solución, baseada en software libre, que
permite instalar nos ordenadores da aula un sistema de autenticación
alternativo, adaptado a colectivos especiais, con ou sen competencias en
lectoescritura, e un perfil de escritorio accesible, que recolla en pictogramas
as principais ferramentas e aplicacións utilizadas polas persoas con
discapacidade intelectual. Esta solución foi validada pola AMIPA e agora instalarase
nos equipos da ula CeMIT de Padrón.
O Hacaktón Intro para todos é dunha
iniciativa piloto enmarcada no proxecto CeMIT-Innova, promovido pola AMTEGA, en
colaboración con Fundetec, para que a innovación social dixital poida dar resposta
aos desafíos sociais locais, servíndose das Tecnoloxías da Información e a
Comunicación (TIC) e de modelos de colaboración en rede.