eBay pide aos seus 145 millóns de usuarios que muden os seus contrasinais tras padecer un ataque
mércores, 21 de maio do 2014
eBay está a avisar hoxe dun importante ataque informático
que comprometeu as súas bases de datos de usuarios na que figuran os seus
contrasinais cifrados e outros datos non financeiros, e aÃnda que non se
detectou ningunha actividade sospeitosa que puidera ter tirado proveito da
información subtraÃda, dende
eBay instan aos seus usuarios a mudar os seus contrasinais para manter as
súas contas máis seguras, aÃnda que insisten en que a información sobre
tarxetas bancarias están almacenada de xeito separado, polo que non correrÃa
perigo.
Dende eBay descúlpanse polas molestias ocasionadas por o reinicio de
contrasinais, que no momento destas liñas está a provocar que incluso sexa
imposible acceder ás contas de usuario de eBay por parte de moitos usuarios
debido á saturación provocada polo cambio masivo de contrasinais, pero o
compromiso de eBay pola seguridade dos seus sistemas é prioritario, e están a
tomar medidas para evitar que se repitan ataques semellantes, á vez que están a
realizar un estudo forense para investigar con profundidade o acontecido, á vez
que colaboran coas autoridades para perseguir esta incursión ilegal nos seus
sistemas.
A base de datos comprometido entre finais de febreiro e primeiros de marzo
incluirÃa os nomes de usuarios de eBay, os seus contrasinais cifrados, os
enderezos de correo electrónico, o enderezo fÃsico, o número de teléfono e a
data de nacemento, datos que, aÃnda que por si mesmos non deberÃan ser
perigosos, si poden provocar problemas para os usuarios, xa que facilitarán a
suplantación das súas identidades na Internet ou o roubo de contas noutros
sistemas, de aà que sexan tan preocupantes este tipo de ataques, que desta
volta sorprenden por ter afectado a un servizo tan seguro como eBay.
- O reinicio masivo de contrasinais está a provocar problemas de acceso a eBay