iSlate podería ser o nome do futuro tablet de Apple
luns, 28 de decembro do 2009
Na última semana
os rumores sobre o posible tablet de
Apple reforzáronse, e ao potencial produto que ata o momento comentaban que podería
chamarse iTablet chámalle agora iSlate atendendo a que Apple
ten rexistrado dende 2007 o dominio islate.com, aínda que todo isto non
serían máis que rumores, posto que ata que en xaneiro chegue o CES de Las Vegas
e Apple aproveite tal feira tecnolóxica para facer algún grande anuncio, non se
confirmará se o agardado dispositivo será algo máis que un desexo dos usuarios
que levan moitos meses pedindo un terminais semellante ao iPhone, pero cunha
pantalla de máis tamaño.
Segundo parece, o iSlate sería un dispositivo multitáctil cunha pantalla de 10
polgadas que tería
un prezo de entre 399 e 700 dólares, e pretendería servir tanto para a
reprodución multimedia (principalmente a reprodución de vídeos) como para a
lectura (de revistas e contidos interactivos).
Polo momento parece ser que o futuro trebello non sería un ordenador completo,
senón unha especie de iPod Touch xigante, cuns usos moi definidos, polo que non
só o nome sería un elemento por determinar, senón que son moitas as incógnitas
sobre un produto do que Apple non deu ningún tipo de información oficial (de
xeito que podería non ser máis que fume).