A Mobile Week Ourense 2022 celebrarase entre o 15 e o 18 de setembro e reforzará a súa vertente anti-fenda dixital
luns, 11 de xullo do 2022
A
Mobile
Week Ourense 2022 celebrarase en diferentes puntos da provincia entre
os días 15 e 18 de setembro. Así o confirmaron a Deputación de
Ourense (a través do seu presidente Manuel Baltar) e a Mobile World
Capital Barcelona, entidades impulsoras do evento tecnolóxico, que
regresa na recta final do verán cun obxectivo renovado de “xerar
interese pola tecnoloxía en todos os sectores poboacionais, con
especial atención na contorna rural, a poboación maior e as
mulleres”.
A
segunda edición da Mobile
Week Ourense, a única iniciativa realizada baixo o paraugas de
Mobile World Capital Barcelona de ámbito provincial, terá como
grandes retos a loita contra o despoboamento rural a través da
dixitalización, o achegamento da administración ao cidadán e
avanzar na adaptación da poboación á nova realidade tecnolóxica.
Haberá
sesións, obradoiros e charlas en formato híbrido baixo tres grandes
áreas temáticas: Dereitos dixitais, Construír o futuro e As
habilidades profesionais dixitais.
O
público obxectivo da Mobile Week Ourense será todo o espectro
poboacional, aínda que as temáticas organizaranse para colectivos
específicos como son os maiores de 65 anos, os adultos entre 30 e
65, adolescentes e nenos.
A
programación incluirá asuntos de actualidade tecnolóxica como o
impacto do Metaverso en todos os aspectos da nosa vida, as
posibilidades ao redor da Intelixencia Artificial e como está a
cambiar desde xa a nosa sociedade; o impacto da tecnoloxía nos
adolescentes e como entender e combater elementos como as fake
news, o ciberacoso ou o sexting; a importancia da
privacidade e a protección de datos na sociedade da terceira década
do século XXI; ou a importancia das competencias dixitais en todas
as idades.
Nesta
liña, a director da área de Transparencia e Goberno Aberto da
Deputación e coordinador da Mobile Week Ourense, Fernando Suárez,
sinala que "vivimos a maior época de cambio da historia da
humanidade e facémolo da man da maior acumulación de tecnoloxía
que ningunha outra xeración tivo até agora. Por iso temos que
canalizala ao servizo das persoas e que nos axude a resolver
problemas que non tiveron solución até agora".
Cristina
Colom, responsábel de Mobile Week en Mobile World Capital, destaca
que "o obxectivo principal do evento é achegar a tecnoloxía
aos cidadáns, póndolles no centro da transformación dixital. Este
cambio de paradigma ofrece moitas oportunidades e, ao mesmo tempo,
retos aos que debemos facer fronte como sociedade. Por iso, hoxe
máis que nunca, é importante impulsar o humanismo tecnolóxico para
empoderar ao cidadán e combater as fendas dixitais".
"A
transformación dixital non é opcional -explica Fernando Suárez-,
debe chegar ao tecido empresarial, ás administracións públicas e a
todos os cidadáns, para evitar sectores atrasados e fendas dixitais.
Porque esta brecha será maior a medida que a dixitalización da
sociedade sexa máis profunda, e por iso é necesario desenvolver
plans de competencias dixitais dirixidos particularmente a aqueles
con máis risco de exclusión dixital, como as persoas adultas
maiores, os mozos sen estudos nin formación ou as mulleres e nenas
para garantir igualdade de oportunidades".