A Plataforma Tecnolóxica Pesqueira consolÃdase como ferramenta clave na dixitalización do sector
luns, 23 de febreiro do 2026
A Plataforma Tecnolóxica Pesqueira, promovida pola ConsellerÃa do Mar en colaboración coa AMTEGA no ano 2004, continúa afianzándose como un instrumento estratéxico para a dixitalización do sector pesqueiro galego. Asà o recolle o informe presentado hoxe ao Consello da Xunta, no que se detallan as actuacións rexistradas polo sistema en cada exercicio e se destaca a súa relevancia na xestión produtiva e comercial.
A ferramenta dá soporte á recollida e tratamento de datos vinculados á produción e á comercialización, facilitando a xestión dos recursos pesqueiros e asegurando a súa trazabilidade conforme á normativa vixente. Cada ano tramita arredor de 4 millóns de notas de primeira venda de pesca e acuicultura e máis de 300.000 documentos telemáticos. Na actualidade, conta con máis de 8.000 usuarios rexistrados.
No exercicio 2025 incorporáronse novas funcionalidades. Entre elas, destaca a posta en marcha dun servizo especÃfico para documentar os plans de xestión dos recursos marisqueiros e doutros recursos concretos, tarefa asumida polos biólogos responsables. Ademais, engadÃronse tres novos documentos orientados á produción.
Por unha banda, habilitouse o documento de envÃo ao punto de control, empregado nos plans de percebe para amparar o transporte do produto desde a zona de recolla ata o punto de control, do que se expedieron máis de 6.000 exemplares en 2025. Por outra, incorporáronse as declaracións de traslado para garantir a trazabilidade nos procesos de aviveiramento previos á descarga, co obxectivo de acadar un mellor prezo na comercialización, superándose as 4.000 emisións. Finalmente, adaptouse o sistema para preparar a campaña da mexilla 2025-2026, a primeira na que a declaración telemática da recolla resulta obrigatoria.
Neste último ámbito, tamén se adecuou a plataforma para permitir a declaración de captación en cordas colectoras (ordinarias e extraordinarias) e para rexistrar a información da recolla realizada polas confrarÃas de pescadores en virtude dos seus acordos coas asociacións de produtores.
A Plataforma Tecnolóxica Pesqueira preséntase asà como un sistema que, ademais de reforzar a profesionalización do sector, contribúe a mellorar as condicións laborais, favorecer a creación e mantemento de emprego e impulsar a innovación nun ámbito clave para a economÃa galega.
