A UDC e Beckhoff xuntan forzas
luns, 6 de maio do 2019
A
empresa xermana Beckhoff
Automation, referente da Industria 4.0, vai colaborar co Campus
de Ferrol (Escola Universitaria Politécnica) en materia docente,
investigadora e profesional. AsÃ
o fixeron saber hoxe os responsábeis de Beckhoff e a UDC (Miquel
Coca, account manager da compañÃa, e o reitor Julio Abalde), que
estiveron acompañados do director da EUP, Andrés Piñón, do
profesor José Luis Calvo Rolle e de varios directivos da compañÃa.
A finalidade do acordo é fomentar o fluxo de experiencias e persoal
nos eidos da docencia, a investigación e a cultura en xeral.
En
termos máis concretos, a UDC e Beckhoff impulsarán o intercambio de
profesionais, profesores e investigadores e favorecerán a
participación en proxectos e programas de I+D. Tamén traballarán
de maneira conxunta na formación e no asesoramento mutuo.
Beckhoff
Automation é unha empresa alemá multinacional con presenza en
España. Cunha facturación anual de máis de 800 millóns de euros e
con 3.900 traballadores ofrece sistemas abertos para a
automatización, baseados na tecnoloxÃas de control a través de
computadores.