A galega CIE TecnologÃas encargarase da vindeira sesión demostradora do CDTIC
luns, 19 de marzo do 2012
O vindeiro mércores 21 de marzo, o
Centro Demostrador TIC de Santiago de Compostela vai acoller unha nova sesión
demostradora coa que dar conta de solucións tecnolóxicas á medida das
necesidades das persoas interesadas, desta volta na análise e solucións de
Intelligent Datacenters ou Centros de Proceso de Datos.
A sesión vén da man da empresa
galega Cie TecnologÃas e vai dirixida ás persoas responsables da área TIC
daquelas empresas que dispoñan dun CPD ou teñan prevista a súa instalación, é
dicir, aqueles espazos nos que se concentran os recursos necesarios para o
procesamento da información dixital dunha organización ou empresa.
A xornada, que coma de cote é de
balde, dará comezo a partir das 10:00 coa descrición de solucións e elementos
que forman parte dun Centro de Procesamento de Datos (CPD ou Datacenter) e afondará no seu deseño a
través da solución InfraStruXure de APC.
A
continuación presentarase a ferramenta de monitorización LANSense, que é un Sistema de xestión Intelixente de
infraestruturas TI dentro dun Datacenter, e realizarase unha demostración en
liña do seu funcionamento.
A
sesión rematará coa visita a un Datacenter real en produción, onde se exporá o
proxecto implantado no mesmo e onde os asistentes poderán comprobar de primeira
man os sistemas e conceptos desenvolvidos ao longo da mañá.
As prazas dispoñibles están
condicionadas ao aforo do local e cubriranse por estrita orde de inscrición na web oficial do Centro Demostrador TIC.
A encargada de levar a cabo esta sesión, a empresa galega CIE TecnologÃas, ofrece
infraestruturas e enxeñarÃa que deseña e implementa de primeira man en todo tipo
de sistemas e con variadas prestacións e finalidades.
A firma, asemade, ofrece un completo abano de servizos
que comprenden o ciclo de vida completo de proxectos de redes e infraestruturas
de comunicacións: enxeñerÃa, comunicacións, infraestruturas, fibra óptica,
cableados estruturados e especiais.